Banda de Valga

Banda de Música Infantil de Valga

A Banda de Música Infantil de Valga xorde no curso 2010-11 para darlle saída as necesidades dun grupo de rapaces e diversificar e mellorar a oferta de agrupacións da Escola de Música de Valga.

 

Na actualidade confórmana uns 20 rapaces que teñen en común atoparse nos seus primeiros anos de estudo instrumental.

Ensaio da Banda de Música Infantil de Valga

Coa participación nesta pequena agrupación van entrando na dinámica de tocar en grupo, aprenden os primeiros rudimentos do que significa unha Banda de Música, traballan un repertorio axeitado as súas posibilidades e sobre todo van establecendo lazos de amizade dende moi pequenos.

 

A pesares de ter moi pouco tempo de existencia, xa son varias as actuacións de esta Agrupación, sobre todo no Concello de Valga pero tamén noutros lugares coma o Festival de Meis (17 de maio do 2011).