Banda de Valga

Banda de Música Xuvenil de Valga

A Banda Xuvenil de Valga constituiu a primeira canteira da Banda de Música de Valga e data a súa orixe no curso 2002/03 cando na aula de conxunto instrumental comezan as clases colectivas dos nenos máis novos da Escola.

 

O principal obxectivo desta agrupación é a formación dos futuros músicos da Banda de Música Municipal de Valga así como ampliar as actividades colectivas da Escola de Música.

Actuación da Banda de Música Xuvenil de Valga en Meis

Co paso do tempo, esta Banda Xuvenil foi acumulando unha gran cantidade de músicos de idades moi diversas de aí que no curso 2010/11 se crease a Banda Infantil. Será a partir deste ano cando esta agrupación, recolla xa soamente alumnos que teñen uns anos de estudo instrumental mellorando así a súa formación.

 

Na actualidade, este colectivo serve como ponte e nel fórmanse tanto músicos que aínda tocan na Banda Infantil como outros que combinan a súa participación na Banda de Música de Valga xunto con esta Banda Xuvenil.

 

Os seus compoñentes, arredor de 30, traballan un repertorio adaptado ás súas posibilidades e a pesar da xuventude dos mesmos xa teñen realizado numerosos concertos tanto en Valga como fora, coma por exemplo no Festival de Meis (17 de maio de 2011) ou no Festival de Bandas Xuvenis de Silleda.