Banda de Valga

Big Band de Valga

A Big Band de Valga é unha agrupación xurdida no seo da Escola de Música de Valga no ano 2005 froito das inquedanzas musicais dun grupo de alumnos e mestres, neste caso polo jazz.

Big Band de Valga

Dende aqueles modestos e traballosos comezos xurdiu unha forte agrupación que na actualidade está composta por preto de 20 compoñentes que interpretan pezas do repertorio da historia e da evolución do jazz dende os anos 20 en América ata o Latin Jazz.

 

Coma tódalas agrupacións xurdidas nesta Escola a súa finalidade é a formativa, é dicir, instruír ós seus compoñentes en novos estilos musicais para complementar a súa educación.

 

Como parte das súas actividades destacan a participación en Concertos Didácticos nos que amosa este repertorio e as súas características ou tamén amenizando Seráns Musicais grazas ó seu vistoso directo (sempre que as características técnicas o permitan) e a súa forza interpretativa.