Banda de Valga

Manuel Villar Touceda, director

Manuel Villar Touceda

 

Manuel Villar Touceda nace en Valga (Pontevedra) en 1969. Con 15 anos pasa a formar parte da Banda de Música Municipal de Padrón como trompeta.

Estuda o primeiro curso de música no Conservatorio Superior de Santiago, máis tarde cursa no Conservatorio Superior da Coruña, Madrid e Vigo, acadando o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Santiago coas máis altas cualificacións.

Recibe clases dos mestres Justino Prieto, José Vicente Simeó, José Ortí, Enrique Rioja e Benjamín Moreno.

Estudia Pedagoxía Musical cos mestres Tomás Rábanos, Ana Mª Navarrete, Susa Herrera, Tomás Marco, Fernando Palacios e Jos Wuytack.

Fai Dirección de Banda con Adám Ferrero, Henri Adams, Carlos Seráns, Jan Cober, Francisco Javier Gutiérrez e Pilar Vañó e Orquestación con Samuel Adler.

Traballa e colabora habitualmente con bandas e orquestras de recoñecido prestixio como a Banda de Vilagarcía, Banda da División Guzmán El Bueno (Sevilla), Banda Sinfónica de Galicia, Banda Municipal da Coruña, JONDE, Orquestra Sinfónica de Galicia e Orquestra e Coro de RTVE

Foi profesor de Vento-Metal na Escola de Música Municipal Caldas de Reis, profesor de Trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Presidente da Sociedade Cultural Banda de Música Municipal de Padrón e Vogal da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Na actualidade é o Director da Escola e Banda de Música Municipal de Valga.

Ten o Máster en Dirección de Orquestra pola Universitat de Valencia baixo a dirección de Cristóbal Soler e o Diploma Superior en Dirección de Orquestra e Banda Cum Laude baixo a tutela de Navarro Lara. Tamén está Licenciado en Dirección de Orquestra e Banda pola Royal Schools of Music.. É director do CSM Galicia (CSM de Música de Galicia, primeiro Conservatorio Superior de carácter privado existente en Galicia).