Banda de Valga

Asociación Cultural Musival

Para colaborar e organizar tódalas actividades referentes á Banda de Música Municipal de Valga nacía o 27 de marzo do 2002 no Concello de Valga a Asociacion Cultural Musival, colectivo inscrito como de ámbito provincial e que ten a súa sede en:

Auditorio Municipal de Valga, Ferreirós 1A- Cordeiro- Valga, Código Postal 36646, Provincia de Pontevedra e a seguinte dirección electrónica esmudevalga@gmail.com

Musival

Na actualidade é esta Asociación a que organiza tódolas actividades da Banda de Música tanto musicais como aquelas de lecer á vez que lle ofrece a tódolos seus asociados unha programación musical e cultural acorde cos seus fins.

Este colectivo conta con máis dun cento de socios numerarios e moitos socios colaboradores que colaboran a través da cota simbólica e anual de 10 €.

Se estás interesado en colaborar connosco infórmate e faite socio.