Banda de Valga

Outras agrupacións

 

Dentro da Escola de Música Municipal de Valga, conviven numerosas agrupacións: Banda de Música Xuvenil de Valga, Banda de Música Infantil de Valga, Big Band... pero co paso do tempo e como evolución lóxica das inquedanzas dos seus compoñentes foron aparecendo numerosas agrupacións de música de cámara.

 

Moitos destes colectivos son parte da formación instrumental colectiva que reciben os alumnos na Escola: Grupo de Tubas, Grupo de Clarinetes, Grupo de Saxos, etc. Pero na actualidade, cabe destacar tamén a formación doutras pequenas agrupacións de música de cámara de carácter máis estable por decisión dos propios alumnos. Algunhas destes grupos son por exemplo o Cuarteto de Frautas ou o Quinteto de Metais TROAR.

 

Hai moito tempo xa que todas estas agrupacións veñen amenizando diversos actos e difundindo o seu bo facer por outros lugares de fora de Valga, pero é sobre todo no curso 2011/12 cando grazas á diversas actividades como a craeción do Ciclo de Música de Cámara, Música nas Igrexas, organizado polo Concello de Valga; viven o seu mellor momento.

Agrupacións: