
A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda Peque de Valga, a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Municipal de Valga o vindeiro sábado 31 de outubro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).