Seguimos nesta semana co repaso de videos das nosas actuacións nos últimos anos e deixámosvos o enlace ao video da actuación do estreno de Carmina Burana, o día 3 de xullo de 2016 no Auditorio Municipal de Valga. A montaxe desta cantata do autor alemán Carl Orff supuxo todo un hito na historia da música en Galicia, xa que era a primeira vez que se podían escoitar os textos desta obra no noso idioma galego. A traducción foi feita por Raúl Gómez Pato, mestre de latín no IES de Valga e que traballou moitos meses co noso director Manuel Villar Touceda para poder encaixar o texto coa música.