Entre os días 19 e 24 de agosto, visitarán Valga, os compoñentes das bandas de música valencianas de: Domeño, Xirivella e Losa del Obispo. Ademais dun concerto e varias visitas turísticas, tamén se está a organizar unha pulpada/churrascada para o luns 22 de agosto que sirva como confraternización entre todos os músicos e simpatizantes tanto galegos como valencianos.
Data: luns 22 de agosto
Hora: 21:00 horas
Lugar: Parque Irmáns Dios Mosquera (Valga)