Banda de Valga

Concerto Música coas nosas bandas, Agrupación Musical “Ateneo Santa Cecilia” de Marín.

 

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Agrupación Musical “Ateneo Santa Cecilia” de Marín o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).

Con este concerto, continua a tempada do Ciclo Música coas Nosas Bandas, o cal, xa dende o ano pasado, concentra mes tras mes a algunhas das mellores agrupacións bandísticas para deleitar ó público valgués.

Neste concerto, a agrupación marinense estará baixo a batuta do seu director titular, José Alfredo Sánchez Murcia, para ofrecernos unha selección do seu repertorio.

A actuación será de entrada libre e gratuita.

O ciclo Música coas nosas Bandas, continuará o vindeiro sábado 23 de febreiro, cun concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Brión.