Banda de Valga

Peche do Ciclo Música coas Nosas Bandas. Director convidado: Fernando Rodrigo Serral

Fernando Rodrigo Serral

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan o vindeiro sábado 30 de xuño un concerto a cargo da agrupación valguesa ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga.

Este acto pecha por esta tempada 2011-12 o ciclo Música coas Nosas Bandas, o cal trouxo durante todo este ano a numerosas agrupacións polo auditorio valgués.

 

Nesta ocasión, a Banda de Valga actuará baixo a batuta do director valenciano Fernando Rodrigo Serral, titulado superior en clarinete polo Conservatorio Superior de Música “Joaquín Rodrigo” de Valencia, “Diploma en Dirección de Orquesta” pola Universidad de Valencia baixo a dirección de Cristóbal Soler (2010) e actual director das bandas de música: Unión Musical la Losa del Obispo, Círcul Instructiu Musical de Xirivella e dende xuño do 2012 Unión Musical Utielana.

 

Coma en tódalas ocasións anteriores nas que a Banda de Valga actuou baixo a batuta dun director convidado, todo o programa é unha elección do mesmo represetando ademais un reto para tódolos músicos ó ser na súa totalidade totalmente novo no repertorio da agrupación.

O programa do concerto será o seguinte:

            -Lo Cant del Valenciá................ Pedro Sosa

            -Muralles.............................. Gonzalo Gómez Deval

            -Sinfonía Nobilissima............... Robert Jager

            -Charles Chaplin................... Willson/Phillips/Parsons

            -Lidia (marcha mora).............. Ramón García i Soler

 

A directiva de Musival desexa agradecerlle a tódalas persoas a súa colaboración durante todo este ano e agarda seguir a contar coa súa colaboración e presenza no resto de actos que se realicen en tempadas vindeiras.