Banda de Valga

Estrenamos páxina Web

Asociación Cultural Musival

 

A directiva da Asociación Cultural Musival, pon en marcha esta páxina web para o uso e disfrute de tódolos seus asociados así como para manterse informado de tódalas actividades que se desenvolvan dende a Banda de Música Municipal de Valga e a Escola de Música Municipal de Valga.

Nesta Directiva, cremos firmemente na necesidade de expandirse polo mundo das novas tecnoloxías e deste xeito animámolos a pasarse por esta páxina e descubrir algo máis sobre como somos e sobre o que facemos, grazas a tódolos seus apartados.

Agardamos que todo o que nela atope lles sexa de agrado e que se precisa algo máis non dubide en poñerse en contacto con nosoutros.

 

A directiva da Asociación Cultural Musival.