I Masterclass do Saxofón
Os vindeiros días 19, 20 e 21 de marzo terá lugar no Auditorio Municipal de Valga a I Masterclass do Saxofón, impartida polos compoñentes do dúo Miradas Cruzadas (ver información na folla de inscrición).
Andrés Castellani e Olivier Duverger compartirán cos alumnos asistentes os seus coñecementos durante as clases, as cales se distribuirán do seguinte xeito:
•Xoves 19: clases de 16:00 a 22:00
•Venres 20: clases de 10:00 a 14:00
•Sábado 21: clases de 10:00 a 14:00
Xunto coas clases e como actividade derivada deste curso, tamén poderemos disfrutar dos seguintes eventos:
•Venres 20, concerto do dúo Miradas Cruzadas “Rituels” ás 21:00
•Sábado 21, concerto dos alumnos da I Masterclass do Saxofón ás 21:00
O curso admite alumnos en dúas modalidades e ten o seguinte prezo para cada unha: alumnos activos 40 euros e alumnos ointes 20 euros. A prazas son limitadas.
Para máis información bótalle un ollo ao cartaz ou descarga aqui a folla de inscrición. Tamén atoparás información na web www.bandadevalga.es na sección Cursos ou no correo electrónico esmudevalga@gmail.com
- Inicie sesión para comentar