Banda de Valga

A Banda de Música Municipal de Valga participa no Festival Xuvenil de Música Filarmónica Francisco Bingre

Cartel do Festival Juvenil de Música Filarmónica

O próximo domingo 8 de xullo a Banda de Música Municipal de Valga participará no Festival Xuvenil de Música Filarmónica Francisco Bingre, o cal, se celebrará en Estarreja, Aveiro (Portugal).

 

A agrupación valguesa, compartirá escenario coa Orquestra de sopros da Escola de Música da Banda de Loureiro e co Grupo Jovem da Banda Bingre Canelense, sendo esta último a anfitriona do acto, o cal terá lugar no Cine Teatro de Estarreja ás 18:00 h (horario portugués).

 

O programa que interpretará a Banda de Valga será o seguinte:

 

-A Fervenza Valguesa (pasodobre galaico) ...... Marcos Mato

-Artis Calambria ............................................... Carlos Marques

-Charles Chaplin (selección) ............................ Wilson/Phillips/Parsons arr.: Marcel Peeters.

-Cascarexa (muiñeira) ....................................... Ernesto Campos e X.L. Represas

 

A Banda de Valga e os seus acompañantes (xa previamente anotados) partirán dende o Auditorio de Valga sobre as 9:00 h da mañá para pasar o día pola zona de Aveiro.