II Curso de Percusión
Os vindeiros días 23, 24 e 25 de xuño terá lugar no Auditorio Municipal de Valga o II Curso de Percusión, impartido polo solista internacional Conrado Moya (ver información na súa web www.conradomoya.com) para a especialidade de Marimba e Multipercusión, e por Javier Eguillor timbal solista da Orquestra de Valencia (ver información na seguinte Web de Rivera Música ou na canle youtube) para a especialidad de Timbal.
Ambos os dous mestres compartirán, cos alumnos asistentes, os seus coñecementos durante as clases, as cales se distribuirán do seguinte xeito:
•Martes 23: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
•Mércores 24: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
•Xoves 25: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Xunto coas clases e como actividade derivada deste curso, tamén poderemos disfrutar dos seguintes eventos:
•Martes 23, concerto do ciclo Música coas nosas Bandas, Conrado Moya e a Banda de Música Municipal de Valga (baixo a dirección de Manuel Villar Touceda) interpretarán o Concerto para percusión de Joseph Schwantner ás 21:00
•Mércores 24, concerto de Javier Eguillor titulado Banda Deseñada e Timbais ás 21:00
•Xoves 25, concerto dos alumnos asistentes ao curso ás 21:00
O curso admite alumnos en dúas modalidades e ten o seguinte prezo para cada unha: alumnos activos 60 euros e alumnos ointes 20 euros. A prazas son limitadas.
Para máis información bótalle un ollo ao cartaz ou descarga aqui a folla de inscrición. Tamén atoparás información na web www.bandadevalga.es na sección cursos ou no correo electrónico esmudevalga@gmail.com
- Inicie sesión para comentar