I Curso de Pedagoxía Tomás Rábanos
Os vindeiros días 6, 7, 8 e 9 de xullo terá lugar no Auditorio Municipal de Valga o I Curso de Pedagoxía Tomás Rábanos.
Tomás Rábanos Muro iniciou os seus estudos musicais en Las Palmas de Gran Canaria para continualos despois nos conservatorios de Logroño e Santiago de Compostela. Formouse na Pedagoxía Musical a través de varias metodoloxías: Dalcroce, Kodaly, etc para especializarse na metodoloxía Willems con estudos en Madrid e París.
Tomás foi pioneiro na Iniciacion Musical para nenos (3 anos) en Galicia e xa dende o 1988 comezou a súa actividade docente en varias escolas e como docente de cursos para a formación de mestres organizados por CEFOCOP e ASPG, acumulando coñecementos e experiencias que no 1998 cristalizaron na súa propia Metodoloxía e na dirección da Escola das Artes en Brión.
Tomás Rábanos imparte: Iniciación Musical (3-7 anos), linguaxe musical a nenos (7 anos en adiante) e a adultos, curos de Pedagoxía Musical a estudantes de Maxisterio, Dirección de Orquestra Orff (nenos de 7-13 anos), Dirección de Coros Infantís, Traballo con familias e bebés (0-2 anos) e Musicoterapia con alumnos de distintos tipos de Discapacidade. Tamén participa como docente en clases dirixidas a nenos de 5 a 8 anos de Altas Capacidades na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
As clases de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 distribuiranse nos seguintes bloques e contidos teóricos e prácticos:
-Luns 6 de xullo, a música e o bebé:
O despertar da música.
Manipulación, exploración.
O mundo sonoro.
Os sentidos.
Xogos, cancións e materiais de 0 a 3 anos.
Sesión práctica cos bebés e nais/pais.
-Martes 7 de xullo, iniciación musical de 3 a 6 anos:
Desenrolo auditivo e rítmico.
O conto musical.
As emocións.
O xogo e os elementos básicos da música.
A expresión.
Sesión práctica cos nenos.
-Mércores 8 de xullo, a linguaxe musical de 6 a 12 anos:
Oido interno.
As calidades do son.
Música e linguaxe.
Grafías do son.
A improvisación.
Sesión práctica cos rapaces.
-Xoves 9 de xullo, música e educación especial:
As manifestacións sensibles.
A estimulación do ser humano física e psiquicamente.
A creatividade e a autoestima.
Acción e manipulación.
A comunicación na música.
Sesión práctica.
O prezo da matrícula é 120 euros. Prazas limitadas
Para máis información bótalle un ollo ao cartaz ou descarga aqui a folla de inscrición. Tamén atoparás información na web www.bandadevalga.es na sección cursos ou no correo electrónico esmudevalga@gmail.com
- Inicie sesión para comentar