Banda de Valga

A Banda de Valga participa na IX edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares

 

O vindeiro fin de semana (sábado 21 e domingo 22 de novembro), no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) terá lugar o IX Certame Galego de Bandas de Música Populares, dous días de moita música de Banda grazas ás tres seccións en concurso.

 

A Banda de Música Municipal de Valga, despois dun ano sen participar, abrirá o domingo 22 de novembro a  sección 1ª deste certame, a cal agrupa a todas as bandas con máis de 71 músicos.

 

A agrupación valguesa que subirá ó escenario con preto de 80 músicos, baixo a batuta de Manuel Villar Touceda comezará a súa actuación arredor das 16:30, segundo o horario oficial, para interpretar as seguintes pezas:

 

-Doiro (pasodobre galego) de José Carracedo.

 

-Esbozos Sinfónicos (obra obrigada do IX Certame Galego) de Xosé Carlos Seráns Olveira.

 

-Impresións Galegas (suite) de Enrique Saavedra Castro.

  1. Obertura.
  2. As bruxas.
  3. Rías Baixas.
  4. Alborada e festa.
  5. Brincadeira.

 

Dentro desta mesma sección tamén concursan a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros. A clausura e entrega de premios para todas as agrupacións participantes no certame, está prevista para as 19:45 segundo o horario oficial. Recorden tamén que as portas só se abren 10 minutos antes da actuación de cada Banda de Música e non durante as actuacións das mesmas.

 

Agradecemos de antemán os moitos esforzos realizados polo amplo colectivo que conforma e rodea esta agrupación durante estes meses de preparación, así como, o seu apoio e asistencia a este concerto no IX Certame Galego de Bandas de Música Populares. Tamén poden descargar aquí o programa completo do evento.