Banda de Valga

Concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Municipal de Valga, a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro e a Banda Xuvenil de Valga

            O vindeiro domingo 27 de decembro ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Valga; a Escola de Música de Valga, a Asociación Cultural Musival e a Asociación Coral Polifónica Sta. Comba de Cordeiro organizan, en colaboración co Concello de Valga o seu tradicional concerto de Fin de Ano.
 
            Neste concerto, ó que quedan todos convidados, participarán a Banda de Música Xuvenil de  Valga (baixo a batuta de Diego Fortes Conde), a Coral Polifónica Sta. Comba de Cordeiro (baixo a dirección de Manuel López Castro) e a Banda de Música Municipal de Valga (baixo a dirección de Manuel Villar Touceda).

 

O concerto comezará coa actuación da Banda de Música Xuvenil de Valga baixo a batuta do seu director Diego Fortes Conde. Esta agrupación, amosará todo o traballado nos tres primeiros meses do curso a través do seguinte repertorio:

-La Entrada (pasodobre) de Quintín Esquembre.

-En un mercado persa de Albert W. Ketelbey.

-Suite Galaica de Antón Alcalde.

 

Continuará o evento coa participación da Coral Polífonica Santa Comba de Cordeiro que baixo a dirección de Manuel López Castro nos ofrecerá o seguinte programa:

-Vedle nacer.

-Ro, mi niño, ro (popular).

-O neno dormía, música de A. Ignacio Paz Valverde e letra de Díaz Xácome.

-Lirio del Alba de Francisco Rey Rivera.

 

A Banda de Música Municipal de Valga, baixo a batuta de Manuel Villar Touceda interpretará as seguintes pezas:

-Angrois (pasodobre) de Xosé Carlos Seráns.

-Machu Picchu de Satoshi Yagisawa.

-Marcha op. 99 de Sergei Prokofiev arr. Paul Yoder.

 

            Ó igual que en todas as anteriores ocasións, o concerto chegará á súa fin coa interpretación en conxunto pola Banda e a Coral dos seguintes temas:

            -Bravo por la música de Juan Pardo.

            -A la gala del zagal de José Ignacio Prieto.

            -Adeste Fideles.

            -Noite de Paz.

 

            Agardamos a súa asistencia a un evento que amosa de forma inmellorable o talento e o bo facer musical existente no Concello de Valga.

 

            Do mesmo xeito tamén lles recordamos que temos á venda Lotería do Neno (sen recargo) e calendarios da Escola de Música Municipal de Valga para o vindeiro ano 2016.