ASOCIACIÓN CULTURAL MUSIVAL ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 19-FEBREIRO-2016
A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musival, convoca a tódolos socios de MUSIVAL[1], a unha reunión en Asemblea ordinaria que se celebrará o vindeiro venres 19 de febreiro de 2016, ás 21:00 horas (9 do serán) en 1ª convocatoria, e ás 21:30 (9 e media do serán) en 2ª convocatoria, no Auditorio Municipal (Ferreirós, Cordeiro), aula de ensaio da banda.
Prégase a maior asistencia posible.
1º.- Aprobación da acta anterior.
2º.- Estado de Contas de MUSIVAL.
3º.- Memoria de actividades realizadas durante o curso pasado.
4º.- Actividades previstas para o curso 2016.
5º.- Informacións varias.
6º.- Rogos e preguntas.
Valga, 1 de febreiro 2016
O Presidente,
Asdo. José Manuel Fariña Jamardo
A TODOS OS SOCIOS DE MUSIVAL.-
[1] Enténdese como socio de MUSIVAL, segundo os estatutos e regulamento da citada Asociación, aquel que esté aprobado pola Xunta Directiva e se atope ó corrente da cota do 2015 segundo os datos que obran en poder da mesma. Non se admitirá o voto delegado na Asemblea. Aquelas persoas que ainda non sendo socios acudan a Asemblea terán, na mesma, o papel que a Xunta Directiva lles desexe otorgar.
- Inicie sesión para comentar