Banda de Valga

Concerto Música coas nosas bandas, Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e Bandas Peque e Xuvenil de Valga

 
A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda Pequena da Agrupación Músico-Cultural de Ribadmia e as Bandas Peque e Xuvenil de Valga o vindeiro sábado 27 de febreiro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).
 
Coa celebración deste concerto continúa neste mes de febreiro o Ciclo Música coas Nosas Bandas que con notable éxito, a tenor dos asistentes e participantes, subiu ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas.
 
Abrirán o concerto as Bandas Peque e Xuvenil de Valga que en actuacións por separado e sempre baixo a batuta de Carlos Cabaleiro López nos amosarán todo o que levan traballado neste segundo trimestre do curso escolar.
 
A Banda Peque interpretará o seguinte programa:
-Apache Warrior de Norman Ward
-Memorias de África de John Barry
 
A Banda Xuvenil de Valga participará coas seguintes pezas:
-El Abanico (pd) de Alfredo Javaloyes
-Alvamar overture de James Barnes
-A Legend from Yao de Mao Yuan
 
A continuación, actuará a Banda Pequena da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, a cal baixo a dirección de Víctor Fernández Vázquez interpretará unha selección do seu repertorio.
 
Pecharán o concerto os músicos das tres agrupacións interpretando xuntos unhas pezas.
 
Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos toda a difusión que lle poidan dar a este concerto, así como a súa presencia.
 
O ciclo Música coas nosas Bandas continuará en marzo cun concerto da Banda de Música Municipal de Valga baixo a batuta de Diego Fortes como director convidado.