Banda de Valga

Concerto Música coas nosas bandas, Unión Musical de Cabral

 

 

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Unión Musical de Cabral (Vigo) o vindeiro sábado 30 de abril ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).

 

Coa celebración deste concerto continúa neste mes de abril o Ciclo Música coas Nosas Bandas que con notable éxito, a tenor dos asistentes e participantes, subiu ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas.

 

A Unión Musical de Cabral fundouse no ano 1986 e nestes últimos anos vén de acadar diversos galardóns como os dous primeiros premios acadados nos anos 2012 e 2014 na 3ª sección do Certame Galego de Bandas de Música Populares.

 

A banda viguesa, baixo a batuta do seu director titular Eduardo González López, ofrecerá un concerto cunha variada selección de temas que fará disfrutar aos espectadores.

 

O programa será o seguinte:

 

-Maido de José Rafael Pascual Vilaplana

-Agua, azucarillos y aguardiente de Federico Chueca

-Lord Tullamore de Carl Wittrock

-When the rain is comming de Timothy Travis

-Tributo a Mecano en arr de Azael Tormo

-Feiticeira de José Carracedo

-Namoriqueira de José Carracedo

-Larga Cordobesa de Martínez Gallego.

 

Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia e toda a difusión que lle poidan dar a este evento.

 

O ciclo Música coas nosas Bandas continuará en maio cun concerto da Banda de Música Sementeira de Cambre.