Banda de Valga

Concerto Música coas nosas bandas, Banda de Música “Sementeira” de Cambre

 

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda de Música “Sementeira” de Cambre o vindeiro domingo 29 de maio ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).

 

Coa celebración deste concerto continúa neste mes de maio o Ciclo Música coas Nosas Bandas que con notable éxito, a tenor dos asistentes e participantes, subiu ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas.

 

A Banda de Música “Sementeira” de Cambre, inicia a súa actividade no ano 1986 e en moi poucos anos acadará o número de 60 compoñentes, realizará varias gravacións  e obterá numerosos premios en varios certames por toda a xeografía española.

 

Esta agrupación, baixo a batuta do seu director titular Francisco Javier Vidal Suárez, ofrecerá un concerto cunha variada selección de temas que fará disfrutar aos espectadores.

 

 

O programa será o seguinte:

 

 

-Bagaxes (pd) de Carlos Rodríguez Torres.

-Primeira Suite de Gustav Holst.

  I. Chaconne

  II. Intermezzo

  III. March

-Montserrat (fantasía) de Ferrer Ferrán.

-La del soto del parral (concertante) de Reveriano Soutullo e Juan Vert.

-Os teus ollos de Curros Enríquez e Castro Chané.

  Solista: María García Blasco.

-A lenda de Montelongo de Bernardo del Río.

  Solista: Luís José Sánchez Bolón.

-Calamber (pd) de José Luís Represas.

 

 

Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia así como toda a difusión que lle poidan dar a este evento.

 

O ciclo Música coas nosas Bandas continuará en vindeiros meses con máis concertos.