Banda de Valga

Campamento de Verán 2012

Concerto do XII Campamento en Getxo (Euskadi)

O vindeiro luns 16 de xullo, comeza o XIII Campamento de Verán organizado pola Asociación Cultural Musival, a Escola e a Banda de Música Municipal de Valga en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga.

A expedición valguesa, sairá ás 8:00 h da mañá dende o Auditorio Municipal de Valga para pasar toda a semana (o regreso está programado para o domingo 22) na Pousada de Juventude de Viana do Castelo, Portugal.

Neste ano, o campamento cumprirá a súa XIII edición, a cal ademais é a primeira que se realiza fora de España. Durante esta intensa semana, o grupo de máis de 80 compoñentes, 60 alumnos e outras 20 persoas entre: profesores, monitores de tempo libre e organización, gozarán da estancia nesta magnífica residencia e ademais coñecerán novos lugares, sen esquecernos, das actividades musicais, as cales este ano, ademais das xa habituais clases individuais e ensaio da Banda de Música Municipal de Valga, súmanse os ensaios da Banda de Música Xuvenil de Valga, ensaios de Coro Infantil e tamén ensaios de Big Band.

A falta de pechar algún concerto máis, durante esta semana tamén terá lugar un concerto no localidade portuguesa de Ponte de Lima o xoves día 19 de xullo.

A actividade do Campamento de Verán existe dende os comezos da Banda de Música de Valga, é dicir, dende o ano 1999 e xa visitou numerosos lugares: Allariz, Lugo, Portomarín, Luarca, León, Zamora, Palencia, Segovia, Tortosa, Badajoz, Alcalá de Henares e Bilbao. Durante todos este anos demostrou ser unha experiencia educativa e pedagóxica do máis alto nivel superando tódalas expectativas no tocante ós resultados musicais do alumnado tanto en individual coma en conxunto.

A organización recórdalle a tódolos pais e alumnos que é de vital importancia cumprir coa información facilitada na derradeira reunión, así como cubrir e entregar o cuestionario sanitario e outra documentación solicitada.