Banda de Valga

Concertos durante o Campamento 2012

Largo Camões, Ponte da Lima

Durante a semana do 16 ó 22 de xullo celébrase o tradicional campamento de verán da Escola e a Banda de Música Municipal de Valga, baixo a organización da Asociación Cultural Musival en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga.

 

Nesta ocasión, este evento ten lugar na vila portuguesa de Viana do Castelo e como ven sendo habitual, dende os comezos desta actividade, desenvólvense concertos por parte das diversas agrupacións que forman o colectivo.

 

O mércores día 18 de xullo ás 22:00 h (hora portuguesa) terá lugar un concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Valga, baixo a batuta de Manuel Villar Touceda, no Teatro Municipal Sá de Miranda. Este recinto, construído a finais do século XIX no estilo italiano, desta época aínda conserva o seu pano orixinal, representa na actualidade o principal espazo cultural da cidade.

 

O xoves día 19 de xullo ás 22:00 h (hora portuguesa) a Banda de Música Municipal de Valga voltará a actuar pero esta vez na vila de Ponte de Lima, dentro da programación cultural organizada pola Academia de Música Fernandes Fão . Este evento terá lugar no Largo Camões.

 

O programa a interpretar, en ambos concertos, será o seguinte:

 

-A Fervenza Valguesa (pasodobre galego)                autor: Marcos Mato

 

-O Misterio do Castelo de Pambre (peza sinfónica) autor: Victor Enguídanos

 

-Paquito Chocolatero (pasodoble torero)                  autor:Gustavo Pascual

 

-Flor de Azahar (concerto sinfónico)                        autor: Gregory Fritze

 

-Cascarexa (muñeira)                                               autor: Ernesto Campos e X. L. Represas

 

Dende a organización comunicamos tamén que seguimos a traballar para pechar máis concertos, en especial para aquelas agrupacións: Banda Infantil e Big Band que aínda non teñen concerto programado.

Teatro Municipal Sá de MirandaTeatro Municipal Sá de Miranda