Banda de Valga

Concerto ciclo Música coas nosas bandas, Banda Peque e Xoven Banda de Música de Valga

 

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo das citadas bandas o vindeiro sábado 29 de outubro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga.

 

Coa celebración deste acto, prosegue a quinta tempada do Ciclo Música coas Nosas Bandas que grazas ao notable éxito acadado, a tenor dos asistentes e participantes, segue a subir ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas un mes tras outro.

 

O concerto, a cargo da Banda Peque e da Xoven Banda de Música de Valga, estará baixo a batuta do director titular das dúas agrupacións, Pedro Torres Diz.

 

A Banda Peque de Valga, confórmana unha serie de músicos con idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, os cales, complementan os primeiros pasos no estudo de varios instrumentos coa participación nesta agrupación, onde aprenden a tocar en equipo e coñecen novos estilos e linguaxes musicais. O programa que interpretarán será o que veñen traballando dende o comezo do curso.

 

A Xoven Banda de Música de Valga cos seus compoñentes de idades comprendidas entre os 10 e os 20 anos, ofrecerá un repertorio variado con pezas de reputados compositores de nivel mundial (Franco Cesarini, Jacob de Haan...), o cal, veñen traballando en varios encontros dende os meses de verán.

 

O programa será o seguinte:

 

Banda Peque de Valga:

-Common Time

-Little Scherzo

-Land of the Rising Sun

-Jubilee

-Freeway

                               

Xoven Banda de Música de Valga:

-Alpine Fanfare de Franco Cesarini

-Festa Paesana de Jacob de Haan

-The Tempest de Robert W. Smith

-Shalom¡ de Philip Sparke

-A little suite of horror de Thomas Doss

 

Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia e toda a difusión que lle poinda dar a esta evento.

 

O ciclo Música coas nosas Bandas continuará coa participación da Banda de Escola de Música de Rianxo no concerto que se celebrará o sábado 26 de novembro.