Banda de Valga

Concerto ciclo Música coas nosas bandas, Banda da Escola de Música de Rianxo

 

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo o vindeiro sábado 26 de novembro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga.

 

Coa celebración deste acto, prosegue a sexta tempada do Ciclo Música coas Nosas Bandas que grazas ao notable éxito acadado, a tenor dos asistentes e participantes, segue a subir ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas un mes tras outro.

 

Os músicos da Banda de Escola de Música de Rianxo, baixo a batuta de Rafael Collazo Moares, interpretarán un variado repertorio do máximo nivel e centrado na obras coas que competirán no X Certame Galego de Bandas de Música (2ª sección, domingo 27 de novembro pola mañá, Auditorio de Galicia).

 

O programa será o seguinte:

-Faustino Rozalén (pd) de Xosé Carlos Seráns.

-As Lúas de Juan Pérez Berná (obra obrigada do X Certame Galego de Bandas).

-Sinfonía nº 2 La Passió de Crist de Ferrer Ferrán.

              III mov. Llegada al templo. La Santa Cena. Captura. Juicio. Crucifixión. Esperanza.

 

Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agracedemos a súa asistencia así como toda a difusión que lle poidan dar a este evento.

 

A música de banda voltará ao auditorio valgués o 30 de decembro co tradicional concerto de fin de ano a cargo da Banda de Valga e da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, un espectáculo que coma sempre virá cargado de boa música e tamén primicias.