Banda de Valga

Concerto de Fin de Ano en Valga

           

 

O vindeiro venres 30 de decembro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga; a Escola de Música de Valga, a Asociación Cultural Musival e a Asociación Coral Polifónica Sta. Comba de Cordeiro organizan, en colaboración co Concello de Valga o tradicional concerto de Fin de Ano.
 
            Neste concerto, ó que quedan todos convidados, participarán o Coro de Nenos e Nenas da Escola de Música Municipal de Valga (baixo a dirección de Tomás Rábanos Muro), a Coral Polifónica Sta. Comba de Cordeiro (baixo a dirección de Manuel López Castro) e a Banda de Música Municipal de Valga (baixo a dirección de Manuel Villar Touceda).

 

O concerto comezará coa actuación do Coro de Nenos e Nenas da Escola de Música de Valga baixo a dirección de Tomás Rábanos Muro. Esta agrupación, xurdida hai catro anos como unha actividade do Capamento Musical de Verán, está cada vez máis consolidada grazas a un traballo constante nas aulas da Escola e a participación en diversos eventos, como o  espectáculo Carmina Burana en galego interpretado en xullo deste mesmo ano. Durante a súa actuación teremos ocasión de disfrutar cunha parte do traballado no primeiro trimestre do curso.

 

Continuará o concerto coa participación da Coral Polífonica Santa Comba de Cordeiro que baixo a dirección de Manuel López Castro nos ofrecerá unha selección do seu amplo repertorio.

 

En terceiro lugar teremos un dos pratos fortes da xornada coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga, baixo a batuta de Manuel Villar Touceda. A agrupación valguesa ofrecerá un programa monográfico de Xosé Carlos Seráns (compositor, tubista da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e exdirector desta última e da Banda da Federación Galega de Bandas) entre os que se atoparán referencias musicais ao tráxico accidente ferroviario de Angrois así como ao recentemente galardoado coas Letras Galegas 2016, o poeta Manuel María.

 

A pesares disto, o máis agardado desta parte, será a interpretación por primeira vez do Concerto para Trompeta e Banda que este compositor lle dedicou ao trompetista galego Esteban Batallán (trompeta solista da Orquesta Ciudad de Granada), quen será o encargado de estrealo na compaña da Banda de Valga.

 

 

 

            Para finalizar, teremos o momento culminante da noite cando, e como vén sendo habitual en todas as ocasións anteriores, a Coral e a Banda nos interpreten en conxunto unha serie de temas populares, como a panxoliña Noite de Paz, que recentemente vén de cumprir 200 anos.

 

            O programa será o seguinte:

 

            Coro de Nenos e Nenas da Escola de Música de Valga, director Tomás Rábanos Muro.

 

            Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, director Manuel López Castro.

 

            Banda de Música Municipal de Valga, director Manuel Villar Touceda.

            -Angrois (pasodobre) de X. C. Seráns

            -Alborada para Manuel María de X. C. Seráns.

            -Concerto para Trompeta e Banda de X. C. Seráns. Solista: Esteban Batallán

                        Mvt. I Preludio e danza.

                        Mvt. II Cantar

                        Mvt. III Vals

                        Mvt. IV Meigas

 

            Banda de Música e Coral Polifónica

            -La del soto del Parral de Reveriano Soutullo e Juan Vert.

            -Benedicat Vobis de G. F. Haendel.

            -Con un sombreiro de palla

            -Noite de Paz de Franz Gruber.

 

             A entrada será libre e gratuita ata completar o aforo. Agradecemos a súa asistencia así como toda a difusión que lle poidan dar a este evento.

 

  Do mesmo xeito tamén lles recordamos que temos á venda Lotería do Neno (sen recargo) e calendarios da Escola de Música Municipal de Valga para o vindeiro ano 2017.