Concerto ciclo Música coas nosas bandas, Banda Cultural e Recreativa de As Pontes e as Bandas Peque e Xove Banda de Música de Valga
A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo das citadas bandas o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga.
Coa celebración deste acto, prosegue a sexta tempada do Ciclo Música coas Nosas Bandas que grazas ao notable éxito acadado, a tenor dos asistentes e participantes, segue a subir ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas un mes tras outro.
A agrupación convidada a este concerto será a Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes, dirixida por José Lodeiro Gesto. Esta banda, que pronto cumprirá os 30 anos de existencia, é ben coñecida como un dos polos culturais e dinamizadores máis importantes do seu concello e contorna, ao igual, que polas súas iniciativas como a recuperación do Himno de As Pontes ou organización do primeiro curso de Dirección de Banda celebrado en Galicia. A Banda de As Pontes ofreceranos unha mostra do seu amplo repertorio.
A Banda Peque de Valga, baixo a batuta de Pedro Torres Diz, confórmana unha serie de músicos con idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, os cales, complementan os primeiros pasos no estudo de varios instrumentos coa participación nesta agrupación, onde aprenden a tocar en equipo e coñecen novos estilos e linguaxes musicais. O programa que interpretarán será o que veñen traballando neste trimestre do curso.
A Xove Banda de Música de Valga, tamén baixo a batuta de Pedro Torres Diz, é unha agrupación composta por músicos de idades comprendidas entre os 10 e os 20 anos, ofrecerá un repertorio variado con pezas de reputados compositores como Jaime Teixidor, Bert Appermont ou Enrique García Rey, o cal, veñen traballando nos derradeiros meses.
O programa será o seguinte:
Banda Peque de Valga. Director: Pedro Torres Diz.
-American Folk Tune
-Merrily We Roll Along
-Little Band Blues
-Waltz with Rests
Xove Banda de Valga. Director: Pedro Torres Diz.
-Sangre de Artista (pd) de Jaime Teixidor
-Rapsodia Galega nº 1 de Enrique García Rey
-Ivanhoe de Bert Appermont
Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes. Director: José Lodeiro Gesto.
-Fina Blasco (pd) de Rafael Taléns.
-Agua, azucarillos y aguardiente de Federico Chueca.
-Mont Serrat de Ferrer Ferrán.
-La Boda de Luís Alonso de Gerónimo Giménez.
-Faustino Rozalén (pd) de Xosé Carlos Seráns.
Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia e toda difusión que lle poidan dar a este evento.
A música voltará ao Auditorio Municipal de Valga durante o mes de febreiro.
- Inicie sesión para comentar