ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 18-FEBREIRO-2017
ASOCIACIÓN CULTURAL
MUSIVAL
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 18-FEBREIRO-2017
A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musival, convoca a tódolos socios de MUSIVAL[1], a unha reunión en Asemblea ordinaria que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro de 2017, ás 20:00 horas (8 do serán) en 1ª convocatoria, e ás 20:30 (20 e media do serán) en 2ª convocatoria, no Auditorio Municipal (Ferreirós, Cordeiro), aula de ensaio da banda.
Prégase a maior asistencia posible.
1º.- Aprobación da acta anterior.
2º.- Estado de Contas de MUSIVAL.
3º.- Memoria de actividades realizadas durante o curso pasado.
4º.- Actividades previstas para o curso 2017.
5º.- Informacións varias.
6º.- Rogos e preguntas.
Valga, 3 de febreiro 2017
O Presidente,
Asdo. José Manuel Fariña Jamardo
A TODOS OS SOCIOS DE MUSIVAL.
[1] Enténdese como socio de MUSIVAL, segundo os estatutos e regulamento da citada Asociación, aquel que esté aprobado pola Xunta Directiva e se atope ó corrente da cota do 2016 segundo os datos que obran en poder da mesma. Non se admitirá o voto delegado na Asemblea. Aquelas persoas que ainda non sendo socios acudan a Asemblea terán, na mesma, o papel que a Xunta Directiva lles desexe otorgar.
- Inicie sesión para comentar