Banda de Valga

A Escola de Música de Valga co día da Muller

Dentro das actividades programadas polo Concello de Valga para conmemorar o Día da Muller, e que este ano adica ás profesionais das Ciencias da Saúde, terá lugar este domingo a celebración dun acto no Auditorio Municipal ás 7 da tarde, no que as alumnas da nosa escola de música Laura Blanco, Sara Bandín e Miriam Magariños farán a clausura interpretando un trío de Beethoven. A Escola de Música de Valga pola igualdade en tódolos ámbitos da vida, na música tamén.