Banda de Valga

Video de Carmina Burana

Seguimos nesta semana co repaso de videos das nosas actuacións nos últimos anos e deixámosvos o enlace ao video da actuación do estreno de Carmina Burana, o día 3 de xullo de 2016 no Auditorio Municipal de Valga. A montaxe desta cantata do autor alemán Carl Orff supuxo todo un hito na historia da música en Galicia, xa que era a primeira vez que se podían escoitar os textos desta obra no noso idioma galego. A traducción foi feita por Raúl Gómez Pato, mestre de latín no IES de Valga e que traballou moitos meses co noso director Manuel Villar Touceda para poder encaixar o texto coa música. Acompáñannos nesta interpretación o coro Gli Appassionati de Vigo (dirixido por Nuria Lorenzo) e os solistas Esperanza Mara (soprano), Enrique Alberto Martínez (tenor) e Eliseu Mera (barítono). Tamén contamos co Coro de Nenos e Nenas da Escola de Música de Valga, dirixidos por Tomás Rábanos. 

O auditorio quedouse pequeno aquel día e moita xente non puido entrar por estar o aforo completo, o cal demostra a expectación que causou o evento. A actuación repetiríase en setembro de 2019 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, á que pertence esta imaxe.