Finalistas dos Premios Martín Códax da Música 20
Somos finalistas dos Premios Martín Codax da Música 2020.
Convocados pola asociación Músicas ao Vivo, os premios Martin Codax premian a labor musical e cultural levada a cabo por entidades galegas e aí está a Banda de Valga. Agora serán os socios desta entidade quen, co seu voto decidan, quen é o gañador desta categoría de Bandas de Música Popular. A gala de entrega de premios será no mes de outubro (se o coronavirus nolo permite).
Pero xa é un mérito para a nosa banda este recoñecemento do traballo feito co espectáculo de Carmina Burana. Moitas grazas.