Banda de Valga

XXI CAMPAMENTO MUSICAL 2020 (Galipark - Padrón)

Xa estamos de volta. Despois de todo este tempo de paro forzado pola situación sanitaria, voltamos co campamento de verán, este ano no Galipark de Padrón. Coma sempre, moito traballo e tamén diversión. Se te queres inscribir, tes a documentación no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1ODL0aqaLMJNOk0V5jsmLB8OtcURoHrMQ?usp=sharing

para presentar na Escola de Música ata o próximo venres día 10 de xullo.

E para os nosos seguidores, xa informaremos do concerto que faremos co traballo feito no campamento.

Comezamos o camiño ó Certame Internacional de Valencia 2021 (tras haberse aprazado o deste ano) no campamento da Banda de Valga, que non falla dende fai 21 anos.