Banda de Valga

Músicas de Domingo Sinfónico con Nelson Quinteiro en Melide. Concerto cancelado

O Concello de Melide informa que por mor das previsións meteorolóxicas e ante as últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en relación ás medidas de prevención da Covid-19 cancela o San Roque Cultural, dentro do cal se atopaba o concerto que a Banda de Valga ía realizar o venres 21 de agosto.

O concerto xa fóra adiado do día 15 ó 21 e agora queda cancelado á espera de poder realizalo no futuro. Neste concerto iamos facer o espectáculo Músicas de Domingo Sinfónico, acompañando a Nelson Quinteiro (voz), Brais González (piano) e Iván Villar (danza). No concerto interpretaremos as pezas do disco Músicas de Domingo de Nelson Quinteiro e Brais González, que foron arranxadas para ser acompañadas con banda de música polo músico trombonista da Banda de Valga Iago Sobrino.

Á espera de poder realizalo cando se levanten as medidas restrictivas da COVID 19, invitámosvos a ver algúns videos destas Músicas de Domingo que xa foron interpretadas no Concerto de Nadal 2019.