Banda de Valga

Noticias

  • Concerto da Banda de Música Xuvenil de Valga en Viana do Castelo

    Dentro da programación musical do Campamento de Verán 2012, este sábado 21ás 21:00 h (hora portuguesa) terá lugar un concerto a cargo da Banda de Música Xuvenil de Valga, da Big Band e tamén do Coro, actividade de recente creación que fai aquí a súa estrea baixo a dirección de Tomás Rábanos Muro.

    Durante este concerto tanto a Banda Xuvenil, baixo a dirección de Carlos Cabaleiro López e a Big Band dirixida por Manuel Villar Touceda, ofrecerán todo o repertorio preparado durante esta semana no Campamento de Verán.

  • Concertos durante o Campamento 2012

    Largo Camões, Ponte da Lima

    Durante a semana do 16 ó 22 de xullo celébrase o tradicional campamento de verán da Escola e a Banda de Música Municipal de Valga, baixo a organización da Asociación Cultural Musival en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga.

     

Páginas