Banda de Valga

Noticias

  • Pulpada e churrascada cos músicos de Valencia (finais de agosto 2016)

    Entre os días 19 e 24 de agosto, visitarán Valga, os compoñentes das bandas de música valencianas de: Domeño, Xirivella e Losa del Obispo. Ademais dun concerto e varias visitas turísticas, tamén se está a organizar unha pulpada/churrascada para o luns 22 de agosto que sirva como confraternización entre todos os músicos e simpatizantes tanto galegos como valencianos.

     

    Data: luns 22 de agosto

     

    Hora: 21:00 horas

     

    Lugar: Parque Irmáns Dios Mosquera (Valga)

     

  • Carmina Burana de Carl Orff, traducida e adaptada ao galego

    O vindeiro domingo 3 de xullo ás 21:00 h, no Auditorio Municipal de Valga, a Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga e a Deputación de Pontevedra, estrearán o gran espectáculo musical titulado Carmina Burana.

Páginas